Marco Normativo

A Lei 2/2024, do 7 de novembro, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, crea o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia, que nace como un sistema rigoroso, transparente e innovador para avanzar cara á neutralidade climática en 2040.

O Decreto 95/2025, do 15 de setembro, regula o Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia, establecendo as regras básicas para que os créditos de carbono xerados por proxectos desenvolvidos en Galicia poidan recoñecerse, certificarse e comercializarse de forma voluntaria.

A Lei 1/2026, do 5 de febreiro, do clima de Galicia, recoñece no seu artigo 37 o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia como instrumento para fomentar proxectos que contribúan á redución ou absorción de emisións de gases de efecto invernadoiro.

As regras para unha compensación local, trazable e verificable

O Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia conecta persoas operadoras, que desenvolven proxectos de absorción de carbono ou redución de emisións en Galicia, con persoas compensadoras, que queren adquirir créditos para compensar voluntariamente as súas emisións. Cada crédito de carbono representa unha tonelada de CO2 equivalente e conta cun número de serie único que garante a súa trazabilidade.

Voluntariedade

Transparencia

Contabilidade única

Permanencia

Rigor científico

Certificación independente

Que regula o decreto?

01

Metodoloxías

Metodoloxías de certificación que deberán seguir os proxectos

O Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia conecta persoas operadoras, que desenvolven proxectos de absorción de carbono ou redución de emisións en Galicia, con persoas compensadoras, que queren adquirir créditos para compensar voluntariamente as súas emisións. Cada crédito de carbono representa unha tonelada de CO2 equivalente e conta cun número de serie único que garante a súa trazabilidade.

18.11.2025

O Decreto 95/2025 está en vigor desde esta data.

02

PROXECTOS

Como funciona un proxecto dentro do SVCC

Para que un proxecto poida xerar créditos de carbono, deberá seguir unha metodoloxía aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.

A Validación inicial

Un organismo de certificación acreditado revisa o proxecto antes da súa inscrición.

Inscrición no rexistro

O proxecto incorpórase ao sistema conforme os procedementos establecidos.

Verificación posterior

Compróbase que a absorción ou redución de emisións se produciu efectivamente.

Que modalidades e formas de crédito contempla?

O decreto contempla dúas modalidades: créditos de carbono e créditos de carbono Ecosoc, no caso de incorporar beneficios significativos en materia de servizos ecosistémicos ou económico-sociais. Ambas as modalidades poden adoptar dúas formas: créditos estimados ou créditos verificados; estes últimos son os efectivamente xerados e, polo tanto, os únicos comercializables.

Que papel terá a plataforma

A Plataforma de créditos de carbono de Galicia articulará o funcionamento do sistema, actuando como punto de encontro entre a oferta e a demanda e como espazo de publicación de metodoloxías, organismos acreditados, normas e datos de trazabilidade.

Preguntas frecuentes

Resolvemos as túas dúbidas sobre o funcionamento do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono de Galicia.

É un mecanismo que permite rexistrar, certificar e comercializar de forma segura créditos de carbono xerados por proxectos que reducen ou absorben emisións en Galicia.

Este sistema créase a partir da Lei 2/2024, do 7 de novembro, e o seu funcionamento regúlase mediante o Decreto 95/2025, do 15 de setembro, que entra en vigor o 18 de novembro de 2025.

Dentro deste sistema só se poden rexistrar e certificar créditos de carbono procedentes de proxectos desenvolvidos no territorio galego. Porén, as persoas que compran os créditos de carbono (persoas beneficiarias) poden ter a súa actividade fóra de Galicia.

  • Normas e procedementos asociados ao funcionamento do sistema.
  • Autoridade competente: Xunta de Galicia.
  • Axentes do sistema:
    • Persoas operadoras: promotoras dos proxectos de absorción de carbono ou de redución de emisións.
    • Persoas beneficiarias:
      • Compensadoras: adquiren créditos para compensar as emisións de GEI derivadas da súa actividade.
      • Intermediarias: adquiren créditos de carbono para a súa venda a terceiras persoas.
    • Organismos de certificación.
  • Metodoloxías do sistema de certificación.
  • Proxectos de absorción de carbono ou de redución da emisión de GEI.
  • Sistema de certificación dos proxectos.
  • Plataforma de créditos de carbono.

A Xunta de Galicia, a través do Decreto 95/2025. A coordinación e xestión dos elementos deste decreto será levada a cabo pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que supervisará de forma activa a evolución das transaccións de créditos de carbono e adoptará medidas correctoras se detecta irregularidades.

As persoas operadoras, físicas ou xurídicas, de natureza pública ou privada, poden presentar proxectos que reduzan ou absorban carbono para xerar créditos. Para iso, os proxectos deben aplicar as metodoloxías aprobadas dentro do sistema.

Resposta de exemplo.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.