- Inicio
- /
- Accesibilidade
Accesibilidade
Declaración de accesibilidade
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre a accesibilidade dos sitios web e das aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web da Xunta de Galicia.
Estado de cumprimento
Este sitio web cumpre parcialmente co Real Decreto 1112/2018 debido ás excepcións e aos incumprimentos relativos aos aspectos indicados a continuación.
Contido inaccesible
O seguinte contido é inaccesible polos seguintes motivos:
- incumprimento do Real Decreto 1112/2018:
- Existe contido no que se utiliza a cor para distinguir o texto das ligazóns, pero a relación de contraste de luminosidade entre as cores non cumpre o requisito mínimo; isto pode provocar problemas para identificar as ligazóns e, polo tanto, afectar ao cumprimento do requisito 9.1.4.1 (Uso da cor) da norma UNE-EN 301549:2022.
- Existen ligazóns que, pola súa lonxitude, afectan á accesibilidade cognitiva, repercutindo así no requisito 9.2.4.4 “Propósito da ligazón (no contexto)” da norma UNE-EN 301549:2022.
- Existen formularios que carecen dun botón de envío estándar para facilitar a previsibilidade, afectando así ao requisito 9.3.2.2 (Ao introducir datos) da norma UNE-EN 301549:2022.
- Algunhas noticias ou contidos estáticos que non foron revisados desde a súa publicación poden conter erros de marcado HTML ou utilizar elementos HTML para modificar a presentación do contido; estes problemas poden dar lugar a erros semánticos ou a problemas de visualización en determinados dispositivos ou tecnoloxías de asistencia.
- carga desproporcionada: non aplicable.
- O contido non entra no ámbito de aplicación da lexislación vixente: non aplicable.
Elaboración desta declaración de accesibilidade
Esta declaración preparouse o 25 de marzo de 2019.
O método empregado para elaborar a declaración foi unha autoavaliación realizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Última revisión da declaración: 25/03/2026.
Comentarios e datos de contacto
De conformidade co artigo 10.2 do Real Decreto 1112/2018, pode presentar comunicacións relativas aos requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, comunicar outras dificultades de acceso aos contidos ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relacionada coa accesibilidade deste sitio web.
Tamén pode presentar:
- unha reclamación relativa ao cumprimento dos requisitos do Real Decreto 1112/2018
- …ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos excluídos do ámbito de aplicación do Real Decreto 1112/2018 (segundo o establecido no artigo 3.4) ou a contidos exentos de cumprir os requisitos de accesibilidade por supoñer unha carga desproporcionada. A solicitude de información accesible deberá especificar claramente os feitos, as razóns e as pretensións que demostren que a solicitude é razoable e lexítima.
As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tramitadas pola Xunta de Galicia. Poderán presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía —por vía electrónica, telefónica ou presencial—, así como a través de calquera das canles previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Procedemento de solicitude
Se se rexeita unha solicitude de información accesible ou unha reclamación, se a persoa interesada non está de acordo coa decisión adoptada ou se a resposta non cumpre os requisitos establecidos no artigo 12.5 do Real Decreto 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación formal. Tamén se poderá iniciar dita reclamación se transcorre o prazo de vinte días hábiles sen se recibir resposta.
A reclamación pode presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía —por vía electrónica, telefónica ou presencial—, así como a través de calquera das canles previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As reclamacións serán recibidas e tramitadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia).