Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia

Un marco público para impulsar proxectos que absorben ou reducen carbono en Galicia e facilitar a compensación voluntaria de emisións con criterios de transparencia, trazabilidade e rigor.

SICLE CO2 · Estado actual

2 Metodoloxías en análise

Primeiras metodoloxías de certificación en avaliación polo Comité Técnico.

Decreto 95/2025

📍 Galicia

Créditos de carbono con trazabilidade, rigor e compromiso local

O Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia (SVCC) conecta a quen desenvolve proxectos capaces de absorber ou reducir emisións de CO2 con empresas, entidades e administracións que desexan compensar voluntariamente a súa pegada de carbono.

O seu obxectivo é contribuír á neutralidade climática de Galicia no horizonte de 2040, mobilizar recursos cara ao territorio e apoiar unha transición ecolóxica baseada na confianza, na certificación independente e na trazabilidade dos créditos de carbono.

Información clave do sistema

Consulta os contidos principais para entender como se regula o SVCC, que papel desempeña o proxecto de innovación pública SICLE CO2 e como se desenvolverá a futura plataforma tecnolóxica.

O Decreto 95/2025 regula o funcionamento do Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia (SVCC) e establece os elementos necesarios para o seu desenvolvemento.

SICLE CO2 é o proxecto da Xunta de Galicia que impulsa o desenvolvemento da infraestrutura tecnolóxica necesaria para poñer en marcha a plataforma do sistema.

Cara a un mercado galego de créditos de carbono

O Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia avanza de forma progresiva: primeiro establécese o marco normativo, despois articúlase a gobernanza técnica, desenvólvense as metodoloxías e, finalmente, ponse en marcha a plataforma que permitirá operar o sistema.

11.11.2024

Publicación da Lei 2/2024 pola que se crea o Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia.

20.10.2025

Publicación da licitación de CPI SICLE CO2.

29.10.2025

Publicación do Decreto 95/2025, polo que se regula o Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia.

10.11.2025

Entrada en vigor do Decreto 95/2025.

12.11.2025

Lanzamento da Manifestación de Interese para a posta en marcha do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia. Aberta ata o 12.12.2025.

11.02.2026

Constitución do Comité Técnico.

11.02.2026

Publicación da Lei 1/2026 para acadar a neutralidade climática no horizonte do ano 2040.

24.08.2026.

Formalización do contrato de CPI.

01

Decreto

O Decreto 95/2025 regula o Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia. Define o marco de funcionamento, os axentes que participan, os requisitos dos proxectos, o papel das metodoloxías, a certificación independente e a Plataforma de créditos de carbono de Galicia.

02

Comité Técnico

O sistema prevé a constitución dun Comité Técnico encargado de elevar as propostas de aprobación das metodoloxías e de contribuír á mellora do desenvolvemento e da operación do sistema.

03

Metodoloxías

As metodoloxías definirán os criterios que deberán seguir os proxectos para poder xerar créditos de carbono dentro do sistema.

04

Plataforma

A Plataforma de créditos de carbono de Galicia permitirá poñer en funcionamento o sistema como espazo de rexistro, trazabilidade e intercambio de créditos de carbono. O seu desenvolvemento enmárcase no proxecto de innovación pública SICLE CO2.

Os axentes do mercado galego de créditos de carbono

O Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia implica distintos axentes. Cada un participa de forma diferente: xerando créditos, adquiríndoos para compensar emisións ou verificando que os proxectos cumpren os requisitos establecidos.

Quero xerar créditos de carbono

Persoas titulares ou promotoras de proxectos de absorción de carbono ou redución de emisións en Galicia. O seu itinerario converte un proxecto desenvolvido no territorio en créditos verificables e trazables.

Quero compensar emisións

Para empresas, entidades ou persoas interesadas en adquirir créditos de carbono xerados en Galicia que queiran compensar voluntariamente as súas emisións.

Son un organismo de certificación

Para entidades independentes encargadas de validar e verificar proxectos dentro do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono.

Actualidade

Consulta as novidades relacionadas co Sistema voluntario de créditos de carbono da Xunta de Galicia, o proxecto SICLE CO2 e as iniciativas vinculadas ao cambio climático.

Resolvemos as túas dúbidas

Axudámosche coas túas dúbidas sobre o funcionamento do sistema, os créditos de carbono, os axentes participantes, as metodoloxías, a certificación de proxectos e a futura plataforma.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.