SICLE CO2: innovación pública para unha
compensación local máis trazable

SICLE CO2, Solucións Innovadoras para a Compensación Local de Emisións de CO2, é o proxecto de Compra Pública de Innovación impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, para desenvolver a infraestrutura tecnolóxica do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia (SVCC).

O proxecto traduce o marco normativo do sistema en ferramentas dixitais orientadas a observar o territorio, monitorizar a absorción de CO2, certificar proxectos e facilitar a comercialización de créditos de carbono con trazabilidade.

Unha infraestrutura ao servizo do sistema: SICLE CO2 non é unha iniciativa illada, senón a panca tecnolóxica do SVCC. O seu desenvolvemento permitirá integrar nun contorno dixital información territorial, seguimento de proxectos, trazabilidade de créditos e participación dos axentes do sistema.

O proxecto SICLE CO2 (SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA A COMPENSACIÓN LOCAL), cun orzamento de 6.817.141,40 euros, foi cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 4.090.284,84 euros ao abeiro da Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (Liña FID) para a Compra Pública de Innovación (CPI).

Catro retos para facer operativo o sistema

SICLE CO2 articúlase arredor de catro retos tecnolóxicos e operativos que responden a unha mesma finalidade: dotar o SVCC dunha infraestrutura pública capaz de achegar información, seguimento, trazabilidade e confianza.

RETO 1

Mapa público de parcelas con indicador do potencial de absorción de CO2 en Galicia

Mapeo de todos os terreos de Galicia, incorporando unha estimación do potencial de absorción de CO2 de cada un conforme os parámetros de cálculo da Xunta de Galicia. Permitirá identificar superficies con potencial de absorción e mellorar a información sobre os sumidoiros naturais de carbono en Galicia.

RETO 2

Plataforma de colaboración para o intercambio de compensacións

Desenvolvemento dunha plataforma que facilite un ecosistema de colaboración para o intercambio de compensacións de emisións, baseado en principios de transparencia, comercio xusto, equidade e seguridade.

RETO 3

Seguimento de proxectos de compensación

Sistema de seguimento dos proxectos de compensación durante os 30 anos que esixe a normativa de vixilancia, mellorando a capacidade da Administración para supervisar e controlar o cumprimento do sistema.

RETO 4

Carbon Farming e Blue Carbon

Mapeo de terreos agrícolas e zonas costeiras, cunha estimación inicial do seu potencial de absorción a partir de datos de proxectos previos, incorporando o potencial de absorción de CO2 segundo as distintas técnicas dispoñibles.

Que entregará SICLE CO2

SICLE CO2 permitirá avanzar no desenvolvemento dunha infraestrutura tecnolóxica pública para apoiar a xestión do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono da Xunta de Galicia.

Un proxecto desenvolvido por fases

SICLE CO2 é o resultado dun proceso iniciado en 2021 que avanza de forma progresiva: desde a definición da necesidade e a análise do mercado ata a posta en marcha e operación da plataforma.

Realizada

Deseño e conceptualización

2021-2022

Definición do reto de innovación e do seu encaixe estratéxico dentro do Sistema Voluntario de Créditos de Carbono.

Realizada

Consultas Preliminares ao Mercado

2022-2023

Proceso aberto para coñecer o estado da arte e confirmar que non existía no mercado unha solución integral capaz de responder ás necesidades do proxecto.

Realizada

Obtención do financiamento

2024-2025

Seleccionado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades na Liña FID, con cofinanciamento do 60 % do FEDER 2021-2027. Concesión definitiva en febreiro de 2025.

Realizada

Aprobación do marco normativo

2025

Aprobación do Decreto 95/2025, que regula o SVCC, publicado no Diario Oficial de Galicia en outubro de 2025.

Realizada

Licitación da Oficina Técnica de Apoio

2026

Contratación do servizo de apoio á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático na planificación, supervisión, xustificación e comunicación do proxecto.

Realizada

Licitación do contrato de desenvolvemento da plataforma

2025-2026

Publicación e tramitación da Compra Pública de Innovación para o desenvolvemento, validación e posta en servizo da plataforma tecnolóxica SICLE CO2.

En curso

Formalización do contrato e inicio do desenvolvemento

2026-2027

Tras a formalización do contrato, iniciarase o desenvolvemento da plataforma tecnolóxica SICLE CO2.

Próxima

Posta en marcha do mercado de créditos de carbono

Próxima fase

Despregamento da Plataforma de créditos de carbono de Galicia (marketplace / Compoñente C), con rexistro de proxectos, compravenda e trazabilidade de créditos, dando cumprimento ao Decreto 95/2025.

Próxima

Desenvolvemento completo da plataforma SICLE CO2

Horizonte: 31.12.2028

Construción, integración e validación do resto de compoñentes: cartografía e potencial de absorción, monitorización de proxectos, simulación e xemelgos dixitais.

Próxima

Operación, soporte, certificación, formación e dinamización

Próxima fase

Fase orientada á operación do sistema, ao soporte aos axentes participantes, á certificación, á formación e á dinamización do SVCC.

Contratos públicos vinculados a SICLE CO2

O proxecto articúlase principalmente mediante dous contratos públicos, accesibles no perfil do contratante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

Desenvolvemento, validación e posta en servizo da plataforma tecnolóxica SICLE CO2

Servizo de consultoría de apoio á Consellería en planificación, supervisión, xustificación e comunicación do proxecto

consultas preliminares ao mercado

Eventos e actividades do proxecto

Antes da licitación de SICLE CO2, a Xunta de Galicia realizou unha Consulta Preliminar ao Mercado para coñecer as solucións tecnolóxicas dispoñibles e contrastar a capacidade do mercado para responder ao reto formulado.

O proceso, desenvolvido entre 2022 e 2023, contou coa participación de máis dun cento de entidades —empresas, pemes, universidades e centros tecnolóxicos— e recibiu 28 propostas de solución.

A consulta confirmou que non existía unha solución integral capaz de responder ás necesidades de dixitalización, trazabilidade e adaptación requiridas para xestionar o potencial de absorción de CO₂ de Galicia nos ámbitos forestal, agrícola e costeiro. Puxo de manifesto a capacidade do ecosistema empresarial e científico para abordar o reto e o potencial de enfoques como o Carbon Farming e o Blue Carbon.

Estas conclusións permitiron definir o alcance de SICLE CO2 e fundamentar o seu desenvolvemento mediante Compra Pública de Innovación.

> Próximos eventos

Os próximos eventos publicaranse nesta páxina a medida que se confirmen e sexan validados para a súa comunicación. Poderán incluír xornadas de presentación, sesións de activación para axentes do sistema, encontros técnicos, actividades de transferencia ou participación en foros vinculados á Compra Pública de Innovación, á acción climática, á sustentabilidade e á innovación pública.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.