- Inicio
- /
- Manifestación de interese
Manifestación de interese
IDENTIFICACIÓN
TIPOLOXÍAS DE ACTIVIDADES
CONVOCATORIA
MANIFESTACIÓN DE INTERESE
ACHEGAR
SUXERENCIAS DE MELLORA
Identificación de tipoloxías de actividades
Convocatoria de Manifestación de Interese
Achegar suxestións de mellora
Achegar suxestións de mellora
Convocatoria de Manifestación de Interese: primeiros pasos cara ás metodoloxías do SVCC
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático abriu unha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI) entre o 12 de novembro e o 12 de decembro de 2025, co obxectivo de avanzar na posta en marcha do Sistema voluntario de créditos de carbono de Galicia e na folla de ruta que permitirá aprobar as primeiras metodoloxías e inscribir proxectos galegos de absorción ou redución de carbono.
Esta iniciativa tivo como finalidade identificar as tipoloxías de actividades sobre as que comezar a traballar, así como definir os sectores prioritarios nos que a Xunta de Galicia debe focalizarse para a aprobación das primeiras metodoloxías do sistema e, posteriormente, poder recibir proxectos para a súa inscrición no rexistro e incorporación ao sistema.
Como resultado da MdI, recibíronse 37 achegas de colexios profesionais oficiais, clústeres, empresas e particulares de diversos sectores, como o forestal, agrícola-gandeiro, marítimo-pesqueiro, xestión de residuos e enerxía, o que pon de manifesto o alto interese no desenvolvemento deste mercado e a transversalidade deste sistema.
| Sectores | Nº de entradas | % |
|---|---|---|
| Forestal | 11 | 29,7 |
| Agrícola-Gandeiro | 4 | 10,8 |
| Marítimo-Pesqueiro | 4 | 10,8 |
| Transición enerxética | 10 | 27,0 |
| Xestión de residuos | 4 | 10,8 |
| Outros | 4 | 10,8 |
| Total | 37 |
De todas as achegas, 10 corresponderon a metodoloxías ou propostas para participar no seu desenvolvemento, e 25 a proxectos que se están realizando ou nos que as persoas estarían interesadas en participar.
| Tipo de interese | Nº de entradas | % |
|---|---|---|
| Proxectos | 25 | 67,6 |
| Metodoloxías | 10 | 27,0 |
| Sen especificar | 2 | 5,4 |
| Total | 37 |
*Datos de participación (37 aportacións)