Manifestación de interese

IDENTIFICACIÓN

TIPOLOXÍAS DE ACTIVIDADES

CONVOCATORIA

MANIFESTACIÓN DE INTERESE

ACHEGAR

SUXERENCIAS DE MELLORA

Identificación de tipoloxías de actividades

Convocatoria de Manifestación de Interese

Achegar suxestións de mellora

Achegar suxestións de mellora

Convocatoria de Manifestación de Interese: primeiros pasos cara ás metodoloxías do SVCC

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático abriu unha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI) entre o 12 de novembro e o 12 de decembro de 2025, co obxectivo de avanzar na posta en marcha do Sistema voluntario de créditos de carbono de Galicia e na folla de ruta que permitirá aprobar as primeiras metodoloxías e inscribir proxectos galegos de absorción ou redución de carbono.

Esta iniciativa tivo como finalidade identificar as tipoloxías de actividades sobre as que comezar a traballar, así como definir os sectores prioritarios nos que a Xunta de Galicia debe focalizarse para a aprobación das primeiras metodoloxías do sistema e, posteriormente, poder recibir proxectos para a súa inscrición no rexistro e incorporación ao sistema.

Como resultado da MdI, recibíronse 37 achegas de colexios profesionais oficiais, clústeres, empresas e particulares de diversos sectores, como o forestal, agrícola-gandeiro, marítimo-pesqueiro, xestión de residuos e enerxía, o que pon de manifesto o alto interese no desenvolvemento deste mercado e a transversalidade deste sistema.

Sectores Nº de entradas %
Forestal 11 29,7
Agrícola-Gandeiro 4 10,8
Marítimo-Pesqueiro 4 10,8
Transición enerxética 10 27,0
Xestión de residuos 4 10,8
Outros 4 10,8
Total 37

De todas as achegas, 10 corresponderon a metodoloxías ou propostas para participar no seu desenvolvemento, e 25 a proxectos que se están realizando ou nos que as persoas estarían interesadas en participar.

Tipo de interese Nº de entradas %
Proxectos 25 67,6
Metodoloxías 10 27,0
Sen especificar 2 5,4
Total 37

*Datos de participación (37 aportacións)

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.